31 dic 2012

"Un conto de Nadal" de AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

"...aprendendo aquela habilidade marabillosa: o engado das historias, a maxia das palabras que aniña -durmida, ás veces- no interior de todas as persoas". 
Así remata o "Conto de Nadal" que Agustín Fernández Paz nos regalou este Nadal. Se non o liches o 23 de decembro en papel nas páxinas de La Voz de Galicia, podes facelo na versión dixital

28 dic 2012

A ledicia da música para felicitar o Nadal

Non é o único, pero si o máis famoso anxo gaiteiro da arte medieval galega. Pertence a unha doela do mosteiro de Santa Catalina de Montefaro (Ares). Se seguimos a data fundacional deste mosteiro en 1393,  leva seiscentos anos soprando o fol de gaita baixo o que asoman as ás. Trátase dunha escultura do románico serodio galego, ou como alguén escribiu na wikipedia:
"A persistencia do románico en Galicia en períodos nos que o gótico era xa utilizado noutras zonas, conforma en Montefaro unha construción de transición desvirtuada por reformas posteriores no século XVIII, e pola súa adaptación a usos militares".
 En calquera caso, nós deberiamos engadir que o anxo transmite felicidade coa música que está interpretando. Ata parece sorrir cos ollos!!! E esa ledicia é o que fai unha obra fermosa. Oxalá non perdamos a alegría. Feliz 2013.