20 jun 2013

A miña planta de laranxa lima, José Mauro de Vasconcelos.



A miña planta de laranxa lima



Sinopse:
A miña planta de laranxa lima nárranos a historia de Zezé, un pequeno neno que ten “o demo dentro”. Non se cansa de cometer trasnadas, aínda que el descoñece por que as fai. É difícil describir a sinopsis deste libro, pois todo o que se diga non será dabondo. Con poucas palabras, o autor móstranos o punto de vista do neno sen ningún problema. Nós mesmos podemos chegar a sentir a dor que sente noso pequeno Zezé ao recibir as tundas e acabar tan magullado. Pois Zezé é un neno pobre, pero cunha gran imaxinación. E por iso que intenta loitar contra o maltrato e aislarse do mundo xunto con Minguiño, ou tamén conocida como Xururuca, a súa planta de laranxa lima. Grazas a ela, Zezé poderá descansar máis tranquilo, pero sempre coa amenaza dunha malleira brutal.

Personaxes:
Cando te das conta, sentes como o autor traza una línea entre ti e os seus personaxes. Porque realmente, con poucas palabras, é capaz de expresar moitos sentimentos e deixar ver a personalidade de cada un. Podemos descatar, obviamente, entre os caracteres máis importantes a Zezé, o noso protagonista.
  • Zezé: É, probablemente, o personaxe que xunto co Portuga, conquistarános o corazón. Todo o mundo cree que é o Neno Demo, e el incluso chegou a créelo así. Admite ter unha especie de “paxaro” no seu interior, que moitas veces o obriga a cometer trasnadas. Así é que por ese motivo, o rapaciño recibirá moitas malleiras, facendo a súa existencia dolorosa, incluso chegou a plantearse o suicidio.
  • Portuga: El tamén cobra importancia no libro co tempo. Poderíamos dicir que empeza a relación con Zezé de maneira moi peculiar, chegando a odiarse. Pero cando as follas pasan, pouco a pouco Portuga vaise converter na única illa de esperanza de Zezé. O neno encaríñase co home, sendo este o seu mellor amigo.
  • Minguiño: Non todos os personaxes máis importantes teñen que ser persoas, é ese é o caso de Minguiño, ou tamén chamado Xururuca, cando Zezé a quere moito. E a planta de laranxa lima, que neste libro cobra vida grazas a imaxinación de Zezé. Con el, ambos os dous aléxanse da realidade cabalgando cos vaqueiros e outras aventuras.
Aparte destes tres, tamén hai outros personaxes de menor calado, como “Godoia”, que é o bálsamo e a única que ten compasión co pobre Zezé. Ou o señor Ariovaldo, un excelente músico que leva o noso rapaz cantando polas rúas, vendendo a súa mercancía e alegrando os corazóns dos lectores.

Opinión Persoal:
Despois de ter explicado todo, podemos decir que é unha das mellores obras que lin ata agora, lexos dos xéneros literarios aos que estou acostumado a ler. Cun vocabulario xovial, de fácil lectura e con poucas palabras, o autor é capaz de mostrar sentimentos sen moita dificultade, e plasmar a realidade de moitos nenos do Brasil. Pronto lígaste aos personaxes, e pronto méteste na súa pel. Chea de metáforas, é unha obra que pola súa portada non destaca, pero por o seu contido sí. Sen as moitas típicas aventuras, a novela é capaz de engancharte e facerte sentir moitas cousas, dende compasión ata medo, pasando por os choros.
Considero que non hai demasiadas lecturas como esta, e que foi un pracer lela.  



2 jun 2013

Saída a Lugo (29 de maio)

O mércores, 29 de maio, realizamos unha memorable saída do Club de Lectura (3.º e 4º. ESO) a Lugo. Primeiro realizamos a actividade "Contos do Museo" no Museo Provincial e logo realizamos compras na libraría Trama.


Visita do ilustrador Antonio Seijas (maio, 2013)

O luns, no Club de Lectura de 1.º e 2.º ESO, descubrimos que desde Ares estanse a deseñar moitas das portadas actuais dos libros da colección Fóra de Xogo (editorial Xerais). Ou traballos gráficos para grupos de rock en Noruega e Inglaterra. Todo da man e sensibilidade artística de Antonio Seijas.
Contounos algúns segredos do seu traballo como a importancia da comprensión lectora para poder ilustrar; e deixounos algunhas dedicatorias baseadas na novela Cartas de Inverno que el adaptou magnificamente en banda deseñada. Grazas, Antonio.