O xoves ía frío, bastante frío, alá no sur (para que logo digan que alí sempre teñen mellor tempo!).
Pero nós non o sentimos porque fomos atopando distintos refuxios:
- primeiro nos brazos dun lobo chamado Orbil (librO), anfitrión do XV Salón do libro "Cociñando contos", que nos deixou coa boca (cuncha) aberta
- despois nas bromas de Roberto, guía singular e completísimo, que fala con gheada (naturalmente!) e sabe transmitir moitas cousas sorprendentes, como que Pontevedra era un porto importante na Idade Media
- logo nas palabras e nos libros das librerías Paz e Cronopios, onde nos trataron moi ben, como fan sempre os libreiros das cidades que visitamos, o que vén sendo una forma de "lelas"
Eu diría que nos quedou moita Pontevedra por ver, si, pero que os ingredientes están listos para que cada un "cociñe" Pontevedra cando e como queira, que de todo se ve polas rúas desta cidade.