Lecturas da Pandoira
Blog da Biblioteca e dos Clubs de Lectura do IES MUGARDOS
22 dic 2015
19 dic 2014
Saímos na revista EDUGA!
Cinco anos na boca do lobo
Isto
non pretende ser ningunha lección. Sabemos moi ben que nos máis de
douscentos clubs de lectura escolares creados canda o noso por Galicia
adiante hai moitas iniciativas mellores ca esta. Só lanzamos dúas
preguntas ao aire: 1) Xa vos decatastes de que somos dos poucos que aínda lles damos vida ás
nosas librerías? 2)Sodes conscientes de que nelas, sobre todo nas pequenas, temos aliados
moi interesantes cos que paga a pena que os nosos lectores falen algún
tempo?
Convidámosvos a coñecer o noso percorrido por algunhas delas.
Chelo Gundín
Profesora de Lingua Galega no IES de Mugardos e
Profesora de Lingua Galega no IES de Mugardos e
coordinadora durante cinco cursos do club de lectura A Boca do Lobo
chelogundin@edu.xunta.es
chelogundin@edu.xunta.es
Traballo
nun centro no que se detectan importantes deficiencias de comprensión
lectora, así como falta de estímulos culturais en moitas familias. Esta
foi unha das razóns que fixo nacer o noso club de lectura. No primeiro
ano arrincou con só cinco alumnos. Logo incorporaríanse profesores,
persoal non docente, familiares e veciños. Despois de cinco anos, toca
facer algo así como un balance do máis aproveitable que fixemos.
Lembro
unha sección dunha revista que lía cando era adolescente titulada “Que
sería da miña vida se…?”. A preguntiña non acae nada mal neste contexto,
transformada en “Que perdería se… non puxese a andar o club de lectura A
Boca do Lobo no IES de Mugardos?”.
Pois perdería nada menos que algunhas cousas esenciais como:
- 1) O coñecemento no eido persoal de moitos alumnos do centro. Sen unha actividade deste tipo fóra do horario lectivo, rapaces de diferentes niveis posiblemente nunca falarían.
- 2) A realidade do que (non) len os rapaces. E escríboo así porque no noso club respectábase aquel fundamental dereito a non ler do que falaba Pennac. Sei dalgún alumno veterano do club que non remataba nunca os libros, pero nunca se lle vetou vir ás xuntanzas porque alí dicíanse cousas que lle viría ben escoitar.
- 3) As respostas asombrosas que dan os rapaces (como persoas, non como alumnos) a preguntas como “Que nos quitou a nós a Guerra Civil?”. E é que, como xa sabemos, hai moito que os rapaces teñen por dicir e non poden contar nas clases.
- 4) A boa relación coa Dirección e coa ANPA. No IES de Mugardos, os dous compañeiros que pasaron polo cargo de director nestes anos foron membros fundacionais do club, así como tamén as nais que logo crearían o tan necesario banco de libros de texto.
- 5) O acceso a materiais, experiencias doutros centros e contacto directo coas “autoridades” da lectura que nos facilitan desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares… E o que nos felicitan alí polo noso traballo, que non é cousa miúda!
- 6) As actividades con clubs doutros centros, que sempre resultan sorprendentes, divertidas e entrañables (non é casualidade, xa que as persoas que nos “apuntamos” a estas cousas somos xente encantadora, verdade?).
- 7) O pouco que rende o tempo cando todos estamos facendo algo porque nos peta e nos dá a gana. Incluso nas mañás dos sábados, cando iamos de librerías (cada ano a unha cidade diferente).
- 8) O altruísmo que espertamos nos rapaces, visible en que nesa única ocasión anual de poder escoller o libro que querían para a biblioteca do centro non sempre elixían a obra que lles apetecía a eles, senón que pensaban no que lle gustaría á súa nai ou á compañeira con adaptacións curriculares.
- 9) O coñecemento de cerca do que é un escritor. Escollemos a Eduardo Estévez para impartir un obradoiro e atinamos plenamente. Podedes ver algunhas producións dos asistentes no noso blog: bibliomugardos.
- 10) O coñecemento directo das nosas cidades, das súas librerías e dos libreiros. E aquí quería chegar. Porque nunca adiviñariades todo o que vin e escoitei nestes máxicos lugares.
A
nosa actividade identitaria chámase De librerías por… Con ela
procuramos que esta rapazada dun precioso curruncho de Ferrolterra
coñeza un pouco mellor o resto de Galicia e as súas mellores xentes, as
que len e viven cos libros. Nestes anos paseamos fachendosos os nosos
clubs por Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e
Betanzos.
Antes da visita adoitabamos
avisar as librerías de que tal día chegaría unha horda de máis de vinte
persoas, que non se asustasen, que nada perigaba: só eramos un club de
lectura. E eles, como bos galegos incrédulos, contestaban: “En sábado?”.
Pois si, en sábado, porque así podiamos ir todos, incluídas as nais e a
nosa conserxe.
O primeiro ano,
lembro que fun soa a Ferrol con cinco rapaces. Expliqueilles as
características elementais da cidade conforme iamos andando e vendo. E
despois dun chocolate con churros, visitamos tres librerías: Sargadelos,
Librería do Campus (lamentablemente desaparecida) e Cantón 4. En cada
lugar explicábannos por que montaran ese negocio (e non outro), que tipo
de actividades facían (na do Campus funcionaba tamén daquela un club de
lectura), como era o seu público… Logo cada un escollía o que mercar
(un ou dous exemplares, en función do prezo) e explicaba por que o
quería. Teriades que ver o que se pararon na prudente escolla. E tamén o
contentos que marcharon cos marcapáxinas e bolsas que lles regalaron.
O
segundo ano xa viñeron algúns pais e nais e outros compañeiros.
Primeiro recuncamos en Ferrol (en Biblos, que acababa de abrir, e na
veterana Central Librera), pero tamén fomos á Coruña. Visitamos o que
hoxe é Afundación, unha chocolatería (que xa se converteu nun clásico
destas saídas) e tres librerías moi diferentes: Nova Colón, Alita Comics
e FNAC, nesta orde. A razón pola cal deixamos esta para o final é
evidente: tratábase de que valorasen a diferenza no trato persoal entre
os lugares pequenos e a gran superficie. Aínda que chegamos por
sorpresa, na Nova Colón tratáronnos de marabilla e explicáronnos todo o
que facían alí: desde a montaxe dos seus artísticos escaparates ata as
presentacións de libros. Logo a descuberta dun establecemento
especializado na banda deseñada deixou coa boca aberta a máis dunha (que
tampouco sabía da existencia do evento Viñetas desde o Atlántico).
Obxectivo conseguido! Todos quedaron cos sitios pequenos para saber onde
volver cando foran á Coruña coa súa familia. E concluíron que a FNAC
estaba ben para visitar e mercar outras cousas (películas, por exemplo),
pero como librería resultoulles demasiado fría.
O
terceiro ano fomos a Santiago de Compostela. Non puideron vir as nais
porque axustamos a data cun compañeiro de Arte que sempre quería levar
os seus alumnos ver a catedral, pero nunca podía porque eran demasiado
poucos. Desta volta demos dous pasiños máis: por unha banda, renunciar a
ver varias librerías para poder visitar outros espazos (a Biblioteca
Pública Ánxel Casal, na que os ollos se abriron como pratos) e a
biblioteca da Facultade de Historia (que os deixou sen fala, que xa é
dicir) e, por outra, levar un tríptico con textos escollidos para ler en
voz alta no medio da rúa. Fixémolo diante da Libraría Couceiro, onde
nos explicaron un pouco de todo: a súa xenuína historia, o traballo da
encadernación… Puxémoslle o punto lúdico cun xogo de pistas para facer
ben a dixestión percorrendo a cidade vella. Colleron na man –por
primeira vez para moitos– un plano para non perderse. E non preguntaron
cal era o premio (insólito!). Uns correron sen saber moi ben por onde
ían comezar; outras procuraron unha oficina de turismo para que lles
resolvesen a papeleta das preguntas “teóricas”. Para que logo digan que
ler non estimula outras capacidades!
O
cuarto ano decidimos ir a Lugo e, novamente, “ler a cidade” antes de
meternos nas librerías. Previamente puxerámonos en contacto co Museo
Provincial para poder participar nunha desas rutas literarias, que
requiría a lectura dos Contos do Museo. Os relatos son
marabillosos e foi moi interesante a experiencia de coñecer
“literariamente” un museo. Logo lemos a Pimentel baixo a chuvia,
paseamos pola muralla e visitamos a Librería Trama. Non puideramos
escoller mellor: un libreiro mentireiro tíñanos preparada unha sorpresa.
Cando nos estaba ensinando o andar superior, convidounos a pasar a un
cuarto do que saía unha voz. Explicounos que alguén estaba ensaiando
unha contada para a tarde. Entramos moi silandeiros e fomos sentando nas
cadeiras baleiras, que eran todas. Aquel home estaba contando unha
historia para ninguén! El non interrompeu o seu discurso, saudounos coa
cabeza e nós quedamos engaiolados por aquela historia que colleramos xa
empezada (como quen chega tarde ao cine). Máis tarde saberiamos que a
historia era E que podo facer eu? e o home era o seu autor,
José Campanari. Non se trataba de ningún ensaio: era unha posta en
escena en exclusiva para nós, porque a presentación daquel libro xa
tivera lugar a tarde anterior. Sentímonos moito máis que importantes:
esperados e queridos. Pero foi impresionante descubrir que eramos o
primeiro club de lectura que os visitaba (nós, de Mugardos, en Lugo!).
Nas xornadas dos clubs de lectura dese ano eu comentei esta experiencia
como altamente recomendable, así que oxalá a estas alturas sexa unha
práctica estendida. Pero, por se acaso non me fixestes caso á primeira
(cousa á que estou ben afeita), aquí estou relatándovos isto para que
vos emocionedes e sigades os nosos pasos.
O
quinto ano, como agasallo de aniversario, visitamos o Salón do Libro de
Pontevedra. Non puidemos ir todos os que somos (aqueles cinco do
primeiro ano agora eran trinta e tantos), pero os que fomos quedamos
abraiados, tanto pola artística concepción do evento coma polo magnífico
traballo dos centros educativos. Ademais tiñamos incluída unha visita
guiada pola cidade cun guía de excepción, un auténtico mestre no de
ensinar divertindo. Despois visitamos a Librería Paz (tradicional, un
negocio familiar cun fondo impresionante) e Cronopios (máis moderna). A
xornada rematou cunha breve visita ao Museo de Pontevedra, onde vimos de
cerca de obra de Castelao e nos impresionaron os seus cegos
inquietantes.
Tamén
neste último ano visitamos Betanzos coas nais do club. O ano anterior
descubriramos con elas o Museo do Humor de Fene. E o anterior máis o
Museo de Historia Natural de Ferrol. Nesta ocasión, tras o
faladoiro-café, descubrimos a librería Biblos e a Tucho Calvo, que nos
marabillou coas súas lembranzas como xornalista, co seu anecdotario como
escritor, coa súa experiencia como “promotor cultural” e coa incrible
cantidade e variedade de actividades que alí organizan: desde cursos de
maxia para todas as idades ata un obradoiro de lectura radiofónica. De
ver para crer.
E
por todas estas razóns que fun deixando atrás, coma Polgariña, anímovos
a que comprobedes o que dan de si a maioría dos libreiros.
Porque
na vosa man –de mediadores da lectura– está que os nosos rapaces
asistan a todo este espectacular mundo, o das librerías, que moitas
familias descoñecen, sobre todo nas vilas pequenas.
De
nós, os que enredamos coas palabras nos clubs de lectura, depende tamén
que siga habendo libreiros, non só vendedores de libros, e nos
enriquezamos/gocemos mutuamente.
Non o deixedes para mañá. Hai moito en xogo.
1 dic 2014
26 nov 2014
Os NOSOS textos
É moi satisfactorio ler aos membros dun club de lectura, que sempre falan do que escriben os demais.
Enche de fachenda a quen aposta pola idea de que ler significa tamén escribir.
Nunca lle pagaremos a Eduardo Estévez o esforzo de achegarse a Mugardos aquelas tardes do curso pasado, renunciando mesmo ao xantar. Pero tod@s nós sabemos o que alimentan as palabras, non si?
Aquí vos deixo un menú con primeiro prato, segundo e postre. Pero non é o único: haberá máis.
Presunto 1
-¡Siéntate! Espero que me cuentes toda la verdad, sin rodeos, y así
poder terminar cuanto antes. ¿Dónde estuviste la noche que se cometió el
crimen?
-Pues estuve con mis amigos tomando unas copas.
-¿Cómo se llama el lugar?
-“El Faro Rojo.”
-¿Estuvieron tus amigos todo el tiempo contigo?
-Sí, sí.
-¿Seguro? Mira que van a ser interrogados también, no me mientas, que
va a ser peor para ti. ¿Conocías a la chica que murió?
-No, no, no la conocía.
-Pero tengo entendido que también frecuentaba ese garito, que la
vieron hablar contigo varias veces.
-No, le digo que no la conocía.
-No te creo. Dime la verdad.
Estoy empezando a perder la paciencia, y eso puede ser terrible para ti.
Presunto 2
¡Siéntate! Dime cuándo fuiste por última vez a “El Faro Rojo”.
-Señor, no conozco ese lugar.
-¿No? Te vieron con la víctima la noche del asesinato.
-Señor, créame, nunca pisé ese lugar, esa noche yo estaba en casa con
mi familia. Le digo la verdad, por favor, créame.
-¿Es cierto que conocías a la víctima?
-Sí, señor, vive a dos manzanas de mi calle, y nos vemos
algunos días en la parada del bus, pero nada más, no sé nada de su vida.
-Bien, espera en la otra sala.
FABIANA PÉREZ
Casa ao
outro lado da vía
(a partir dun cadro de Edward
HOPPER)
Non sei por
que se empeñaron en facer a casa ao outro lado da vía. A vía marcaba o límite
da vila, iso sabíao todo o mundo. Pero eles viñeran de fóra, e ademais a señora
era unha excéntrica, ou unha dama como dicían por aquí. E todo porque lle
gustaba ir de pamela. Pois iso, que fixeron a casa no outro lado e agora aí
quedou. Eles mudaron xa hai moitos anos, de feito a casa leva máis tempo
baleira que ocupada. Unha mágoa, porque
é ben bonita. Eu seino porque estiven alí moitas veces cando era pequeno, ben,
cando era máis pequeno. Lévabanme os amigos do meu irmán. Iamos á tardiña, e ás
veces collíanos a noite.
Rápido-
dicíanos Mercedes- vainos coller a noite! E eu miraba para todos os lados
asustado, a ver por onde viña a noite, e corría ata atravesar a vía como se ao
outro lado xa estivese a salvo.
Daquela xa
empezaban a contar cousas da casa: que se estaba encantada, que se había
pantasmas, as luces, as cortinas...eu que sei! Todo empezou porque os donos
marcharon de repente, dixeron que a meniña estaba enferma. Pero eu penso que a
mala sona da casa era por culpa da película esa, a de Hitchock. O motel aquel era cuspidiño á
casa do outro lado da vía, pero nas bañeiras da casa non había cortinas. Foi o
primeiro que miraron as nenas cando por fin nos arriscamos a entrar.
Fumos moitas
veces ata alí, pero non conseguimos entrar ata un día que Inma levou o
clarinete. Empezou a tocalo, e debeunos parecer que se entrabamos con música
non nos ía pasar nada, e alá fumos. Miguel case sempre quedaba no porche con
Ferrán, vixiando. Por se acaso. Iso dicían eles, pero eu penso que tiñan medo.
Ás veces entraban, supoño que cando deixaban de oírnos tiñan máis medo fóra que
dentro.
A min o
cuarto que máis me gustaba era o que estaba arriba de todo, con ventás polas
catro paredes. Alí quedara un baúl cheo de pamelas. Mercedes probábaas todas
mentres Inma tocaba o clarinete. E eu aplaudía.
Tamén había
un gato. Ese era o único que nos botaba de alí. Debía ter pulgas, ou o que
teñan os gatos, porque se rascaba contra a parede xusto por onde estaba o
interruptor da luz. Cando ía para un lado acendía a luz, cando ía para o outro
apagábaa. E con luz non podiamos estar alí, non fora ser que nos descubriran.
Cando
empezaron a dicir que se vía a sombra da dama a través das cortinas non dixemos nada. Nin tampouco explicamos por
que as luces se acendían soas. Nin o da música que saía da casa. Se chegan a
saber que entramos tantas veces alí, mátannos. Iso como mínimo. Ademais non
lles ía gustar que todo aquilo tivera explicación. Era mellor que seguise sendo
un misterio.
Cando
Mercedes e Miguel marcharon da vila xa non volvimos a entrar. E alí quedou a
casa. Alí segue. Ás veces vén xente a vela, pero ninguén a merca. Quen a vai
querer ao outro lado da vía? É tan parecida á casa da película aquela…
Aislado
Me tiemblan
las manos. Están llenas de marcas negras, muy negras, que queman. Solamente las
distingo porque tengo la linterna encendida. Es lo único que me salva. Pero se
está agotando, y no me queda mucho tiempo, tampoco demasiadas fuerzas. El
maldito faro, tan tranquilo al principio, me ha llevado a la miseria, a una
especie de condena que no parecía tener fin. Estoy sucio. Huelo a orina. No
pude evitarlo, me sobrepasaron. Ellos me sobrepasaron. Por las noches era lo
peor. Recojo todo mi calvario en estas hojas, para avisar al próximo farero de
que salga corriendo, pues son insaciables. He podido atisbar su forma, aunque
siempre se amparen por la oscuridad. Su cara es humana, pero está llena de
moratones, y roja, como si le hubieran pegado una gran paliza a cada uno. Van
de aquí para allá, encorvados, asemejándose a un mono más que a una persona.
Emiten cloqueos, constantes, y no cierran la boca nunca. Me han rasgado
la ropa y sus uñas me han acariciado sin impunidad, provocando cortes
demasiado dolorosos en mí. Soy un vestigio del pasado, porque apenas tengo
fuerzas para sujetar el bolígrafo.
Vine buscando
inspiración, y la encontré. Mi mano se mueve presta, aunque la caligrafía me
salga torcida. No tengo tiempo para rectificar. Estoy tan agotado… No puedo ni
sollozar cual niño pequeño en la esquina, porque me agarrarían y me comerían
vivo allí mismo. Yo era un escritor normal, que llegó a este faro
pensando cómo sería vivir aquí, tan aislado de la egoísta sociedad. Imaginé que
venir solo lo haría especial, diferente. Y no puedo quejarme de ello. El
temporal, inesperado, me aisló. El barco no podía llegar al pequeño islote, y
el puente, de madera, se rompió, impidiendo la entrada por tierra. “Nada malo”, me dije a mí mismo. Y cuando
los días se hicieron más cortos y las noches más largas, aparecieron. Cuando
encontré el extraño sótano, surgieron. Un sótano lleno de cadenas, sangre,
pinzas y cuchillos. Al principio, no escuché nada. Un silencio denso,
impresionante. Y después, una respiración fuerte. No estaba solo, y nunca lo
había estado. Intentaron agarrarme de los tobillos, pero fui lo suficiente
rápido como para huir.
Escapé, me
encerré, y escuché cómo salían, perezosos, y rascaban mi puerta. Tardé varias
jornadas en darme cuenta que detestaban la luz. Durante el día se escondían en
alguna parte tenebrosa del faro. Y por la noche, me azuzaban, me
torturaban, me hacían daño.
Estoy
cansado, muy cansado. No quedan vendas, no queda comida, no queda nada. La
linterna parpadea, y ya es de noche. Siento un cosquilleo en donde deberían
estar algunos dedos de la mano. Ahora, aporrean la puerta. Oigo su asqueroso
lenguaje. Me imagino lo que harán cuando entren. Ah, corre, maldito insensato,
corre y lárgate de aquí. Este faro, este islote, es suyo. Solo suyo.
No quieren
intrusos.
PABLO PÉREZ RAÑALES
30 mar 2014
Sempre nos quedará Pontevedra
O xoves ía frío, bastante frío, alá no sur (para que logo digan que alí sempre teñen mellor tempo!).
Pero nós non o sentimos porque fomos atopando distintos refuxios:
- primeiro nos brazos dun lobo chamado Orbil (librO), anfitrión do XV Salón do libro "Cociñando contos", que nos deixou coa boca (cuncha) aberta
- despois nas bromas de Roberto, guía singular e completísimo, que fala con gheada (naturalmente!) e sabe transmitir moitas cousas sorprendentes, como que Pontevedra era un porto importante na Idade Media
- logo nas palabras e nos libros das librerías Paz e Cronopios, onde nos trataron moi ben, como fan sempre os libreiros das cidades que visitamos, o que vén sendo una forma de "lelas"
- e por último no Museo, onde Gabriela nos explicou quen foi Castelao como artista e nos ensinou os tesouros máis valiosos do museo provincial máis grande de España! Ao rematar felicitounos polo magnífico grupo de alumnos que levamos ("Claro, é que son os do Club de lectura!!!")
Eu diría que nos quedou moita Pontevedra por ver, si, pero que os ingredientes están listos para que cada un "cociñe" Pontevedra cando e como queira, que de todo se ve polas rúas desta cidade.
O xoves ía frío, bastante frío, alá no sur (para que logo digan que alí sempre teñen mellor tempo!).
Pero nós non o sentimos porque fomos atopando distintos refuxios:
- primeiro nos brazos dun lobo chamado Orbil (librO), anfitrión do XV Salón do libro "Cociñando contos", que nos deixou coa boca (cuncha) aberta
- despois nas bromas de Roberto, guía singular e completísimo, que fala con gheada (naturalmente!) e sabe transmitir moitas cousas sorprendentes, como que Pontevedra era un porto importante na Idade Media
- logo nas palabras e nos libros das librerías Paz e Cronopios, onde nos trataron moi ben, como fan sempre os libreiros das cidades que visitamos, o que vén sendo una forma de "lelas"
Eu diría que nos quedou moita Pontevedra por ver, si, pero que os ingredientes están listos para que cada un "cociñe" Pontevedra cando e como queira, que de todo se ve polas rúas desta cidade.
24 oct 2013
Hija de Humo y Hueso, Laini Taylor
Hija de Humo y Hueso
Podríamos decir que sí, es un buen libro. Fácil de leer, con
vocablos simples y sin demasiados tramos pesados. Hija de Humo y Hueso narra
la, en mi opinión, demasiado usada historia de dos enamorados que, por unas
razones u otras, su amor es imposible. En este caso, ángeles contra
quimeras. Todo gira en torno a Karou, o
también llamada esperanza, y una serie de dudas que intenta arreglar. Desde que era un
bebé, fue educada bajo la tutela de Brimstone, junto con otras quimeras. ¿Por
qué? Ella es una humana normal y corriente. Lo único que la hace especial es la
posibilidad de cumplir ciertos deseos. Pero esto solo se debe a la magia de su
“padre”. Intentará averiguar, por todos los medios, lo máximo posible sobre su nacimiento y pasado. Aunque esto la lleve a reencontrarse con cierta persona. Con cierto destino. Con cierto pasado. Con cierto ángel.
Así, pues, nos embarcamos en una historia de amor juvenil,
claro está, donde dos mundos se enfrentan irremediablemente. La continua y desgastada
guerra entre el bien y el mal puede comenzar o acabar ahora. Evidentemente, si
buscas una saga de gran calado, con una ambientación de 10, este no es tu
libro. Es algo menos desarrollado, pero igual de entretenido. Si todavía eres
un aficionado a las novelas de amor, y tirando incluso por el género
fantástico, prueba con Hija de Humo y Hueso.
Olvidado Rey Gudú, Ana María Matute
Olvidado Rey Gudú
En el
volumen, se nos narra la historia del Reino de Olar. Ambientada, eso sí, en la
Edad Media, pero con importantes toques fantásticos, nos conduce,
inexorablemente, al nacimiento de este reino y su expansión. De las manos de
múltiples y peculiares personajes, entre leyendas de páramos misteriosos,
embarcaremos en una aventura sin precedentes. Larga, angustiosa y realista.
¿Te imaginas
crear un mundo, una dinastía, una etapa dorada desde el principio? Desde donde
solo existe oscuridad y silencio. Eso es lo que consigue Ana María Matute en
este libro. Al principio, puede parecer uno cualquiera, aburrido, largo y en el
cual, la trama en sí se basa en los ya cansinos estereotipos de este género.
Después, te percatas de que todo tiene relación, de que cada personaje es
distinto al otro. Desde las raíces de una familia, hasta su final, pasando por
el auge de su nombre, Olvidado Rey Gudú puede ser un claro ejemplo de cómo se
deben hacer las cosas si deseas empezar en un mundo fantástico desde cero. Poco
a poco.
Aunque,
evidentemente, muchas veces el libro puede llegar a cansar un poco.
Desengancharte. Y luego, en las páginas siguientes, atraparte como nunca antes
lo había hecho. Goza de altibajos a lo largo de la narración, y algunos capítulos necesitan un pelín más de acción. No digo que todo deba ser espada, hacha y sangre, pero sí se podrían omitir ciertas cosas que le quitan brillo a la obra.
En definitiva, un buen tomo, que no dejará insatisfecho a nadie.
Bienvenidos,
pues, al Reino de Olar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)