A miña planta de laranxa lima
A miña planta de laranxa lima nárranos
a historia de Zezé, un pequeno neno que ten “o demo dentro”. Non
se cansa de cometer trasnadas, aínda que el descoñece por que as
fai. É difícil describir a sinopsis deste libro, pois todo o que se
diga non será dabondo. Con poucas palabras, o autor móstranos o
punto de vista do neno sen ningún problema. Nós mesmos podemos
chegar a sentir a dor que sente noso pequeno Zezé ao recibir as
tundas e acabar tan magullado. Pois Zezé é un neno pobre, pero
cunha gran imaxinación. E por iso que intenta loitar contra o
maltrato e aislarse do mundo xunto con Minguiño, ou tamén conocida
como Xururuca, a súa planta de laranxa lima. Grazas a ela, Zezé
poderá descansar máis tranquilo, pero sempre coa amenaza dunha
malleira brutal.
Personaxes:
Cando te das conta, sentes como o autor
traza una línea entre ti e os seus personaxes. Porque realmente, con
poucas palabras, é capaz de expresar moitos sentimentos e deixar ver
a personalidade de cada un. Podemos descatar, obviamente, entre os
caracteres máis importantes a Zezé, o noso protagonista.
- Zezé: É, probablemente, o personaxe que xunto co Portuga, conquistarános o corazón. Todo o mundo cree que é o Neno Demo, e el incluso chegou a créelo así. Admite ter unha especie de “paxaro” no seu interior, que moitas veces o obriga a cometer trasnadas. Así é que por ese motivo, o rapaciño recibirá moitas malleiras, facendo a súa existencia dolorosa, incluso chegou a plantearse o suicidio.
- Portuga: El tamén cobra importancia no libro co tempo. Poderíamos dicir que empeza a relación con Zezé de maneira moi peculiar, chegando a odiarse. Pero cando as follas pasan, pouco a pouco Portuga vaise converter na única illa de esperanza de Zezé. O neno encaríñase co home, sendo este o seu mellor amigo.
- Minguiño: Non todos os personaxes máis importantes teñen que ser persoas, é ese é o caso de Minguiño, ou tamén chamado Xururuca, cando Zezé a quere moito. E a planta de laranxa lima, que neste libro cobra vida grazas a imaxinación de Zezé. Con el, ambos os dous aléxanse da realidade cabalgando cos vaqueiros e outras aventuras.
Aparte destes tres, tamén hai outros
personaxes de menor calado, como “Godoia”, que é o bálsamo e a
única que ten compasión co pobre Zezé. Ou o señor Ariovaldo, un
excelente músico que leva o noso rapaz cantando polas rúas,
vendendo a súa mercancía e alegrando os corazóns dos lectores.
Opinión Persoal:
Despois de ter explicado todo, podemos
decir que é unha das mellores obras que lin ata agora, lexos dos
xéneros literarios aos que estou acostumado a ler. Cun vocabulario
xovial, de fácil lectura e con poucas palabras, o autor é capaz de
mostrar sentimentos sen moita dificultade, e plasmar a realidade de
moitos nenos do Brasil. Pronto lígaste aos personaxes, e pronto
méteste na súa pel. Chea de metáforas, é unha obra que pola súa
portada non destaca, pero por o seu contido sí. Sen as moitas
típicas aventuras, a novela é capaz de engancharte e facerte sentir
moitas cousas, dende compasión ata medo, pasando por os choros.
Considero que non hai demasiadas
lecturas como esta, e que foi un pracer lela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario