23 ene 2013

Adeus aos cabezudos

Coa biblioteca patas arriba por mor da mellora de estanterias, o CL1 (Club de Lectura de 1.º e 2.º ESO) despediuse dos cabezudos que durante moitos anos presidiron a sala de lectura. Aquí, rodeados e libros lembran o "Le ou multiplícate por cero" con quen Bart nos dá a benvida na porta da biblioteca.


2 comentarios:

  1. Preciosa foto, si, señor!

    (Pero nunca saberemos quen era en realidade este Bart)

    E os demais? Quedarán definitivamente multiplicados por cero? Noooon, os que teñen os cabezudos nas mans (Alberto, Nuria, Sara e Pablo) teñen cabeciñas moi ben amobladas, pés no chan cando fai falla, sorriso posto e ganas de ler.

    Con Bart... nunca se sabe!!! (Aínda que eu creo que con esa man dereita que lle sae un pouco movida nos quería dicir algo interesante)

    ResponderEliminar