2 jun 2013

Visita do ilustrador Antonio Seijas (maio, 2013)

O luns, no Club de Lectura de 1.º e 2.º ESO, descubrimos que desde Ares estanse a deseñar moitas das portadas actuais dos libros da colección Fóra de Xogo (editorial Xerais). Ou traballos gráficos para grupos de rock en Noruega e Inglaterra. Todo da man e sensibilidade artística de Antonio Seijas.
Contounos algúns segredos do seu traballo como a importancia da comprensión lectora para poder ilustrar; e deixounos algunhas dedicatorias baseadas na novela Cartas de Inverno que el adaptou magnificamente en banda deseñada. Grazas, Antonio.



No hay comentarios:

Publicar un comentario