30 mar 2014

Sempre nos quedará Pontevedra
 
 
O xoves ía frío, bastante frío, alá no sur (para que logo digan que alí sempre teñen mellor tempo!).
Pero nós non o sentimos porque fomos atopando distintos refuxios:
 


- primeiro nos brazos dun lobo chamado Orbil (librO), anfitrión do XV Salón do libro "Cociñando contos", que nos deixou coa boca (cuncha) aberta 


- despois nas bromas de Roberto, guía singular e completísimo, que fala con gheada (naturalmente!) e sabe transmitir moitas cousas sorprendentes, como que Pontevedra era un porto importante na Idade Media


 
- logo nas palabras e nos libros das librerías Paz e Cronopios, onde nos trataron moi ben, como fan sempre os libreiros das cidades que visitamos, o que vén sendo una forma de "lelas"


 
- e por último no Museo, onde Gabriela nos explicou  quen foi Castelao como artista e nos ensinou os tesouros máis valiosos do museo provincial máis grande de España! Ao rematar felicitounos polo magnífico grupo de alumnos que levamos ("Claro, é que son os do Club de lectura!!!")

 

Eu diría que nos quedou moita Pontevedra por ver, si, pero que os ingredientes están listos para que cada un "cociñe" Pontevedra cando e como queira, que de todo se ve polas rúas desta cidade.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario